O equipo de Cuoco formámolo tres deseñadores de interiores que, partindo da mesma formación, fómonos especializando en áreas distintas e igualmente importantes en cada proxecto.
A visión máis técnica aportaa Jesús, fundador de Cuoco no ano 2005, con un background moi amplo en estudos referentes no sector en Madrid e Barcelona e con máis de 20 anos de experiencia.
O seu instinto emprendedor e empeño por aportar solucións innovadoras encaixan e compleméntanse coa inquietude estética e resolutiva de Patricia, unha deseñadora apaixoada polas tendencias e pola personalización de cada espazo en relación aos seus usos e usuarios.
A búsqueda de solucións creativas e a solvencia caracterizan a Fátima, quen aporta o lado máis tenaz ao equipo.